Saltar ao contido

Freeman Dyson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFreeman Dyson

(2005) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Freeman John Dyson Editar o valor en Wikidata
15 de decembro de 1923 Editar o valor en Wikidata
Crowthorne, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte28 de febreiro de 2020 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
Princeton, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecaída de altura Editar o valor en Wikidata
ResidenciaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Cambridge (–1946)
Trinity College (1941–1945)
Winchester College (pt) Traducir (1936–1941)
Twyford School (en) Traducir (1932–1936)
Winchester College (pt) Traducir (1928–1932) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica matemática, física do estado sólido (pt) Traducir e matemáticas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, catedrático, estatístico, científico nuclear, físico teórico, físico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstitute for Advanced Study (1953–2020)
Universidade Cornell (1951–1953)
Universidade de Birmingham (pt) Traducir (1949–1951)
Imperial College London (1945–1946) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeVerena Huber-Dyson (1950–1958), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosEsther Dyson, George Dyson Editar o valor en Wikidata
PaisGeorge Dyson Editar o valor en Wikidata  e Mildred Atkey Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Disturbing the Universe (en) Traducir
Physicists: Biographical Dictionary (en) Traducir, (p.96) Editar o valor en Wikidata
Páxina webias.edu… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0246032 TED: freeman_dyson BNE: XX912949 Dialnet: 267004 Last fm: Freeman+Dyson Musicbrainz: b3540e45-57f9-4a94-b650-1cd45950ca5d WikiTree: Dyson-1390 Find a Grave: 207501007 Editar o valor en Wikidata

Freeman John Dyson, nado o 15 de decembro de 1923 Crowthorne, Berkshire, Inglaterra e finado en Princeton, Nova Jersey, o 28 de febreiro de 2020,[1] foi un físico e matemático inglés e estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Traballou para o British Bomber Command durante a segunda guerra mundial. Unha vez finalizada, trasladouse a Princeton (EUA) e nacionalizouse estadounidense.

Nos anos que seguiron á guerra, Dyson demostrou a equivalencia das formulacións da electrodinámica cuántica de Richard Feynman coas desenvolvidas por Julian Schwinger e Sin-Itiro Tomonaga.

Entre 1957-1961, traballou no Proxecto Orion que pretendía o voo espacial usando a propulsión nuclear. Chegou a construírse un prototipo, pero a Declaración para o Uso Pacífico do Espazo da ONU prohibiu calquera tipo de explosión nuclear na atmosfera e máis aló, o que provocou o abandono do proxecto.

Dyson teorizou sobre a posibilidade de que unha sociedade avanzada podería rodear por completo unha estrela para maximizar a captura da enerxía que emite, mediante nubes de asteroides, o que se denominou Esfera de Dyson.[2]

Tamén propuxo a Árbore de Dyson, unha planta deseñada xeneticamente para medrar nun cometa. O interior dos cometas (ou o da propia árbore) podería encherse cunha atmosfera respirable e así poderían adaptarse hábitats para a humanidade noutros sistemas solares.

Desde 2003 Dyson foi presidente do Space Studies Institute, a organización fundada por Gerard K. O'Neill.[3]

Foi premiado coa Medalla Max Planck en 1969 e en 2000 co Premio Templeton para o Progreso na Relixión.

  1. Johnson, George (28 de febreiro de 2020). "Freeman Dyson, Visionary Technologist, Is Dead at 96". The New York Times. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  2. "SFE: Dyson Sphere". sf-encyclopedia.com. Consultado o 2024-10-18. 
  3. "Dr. Freeman Dyson". www.thespaceshow.com; The Space Show. Consultado o 2024-10-18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.